UN TRANVIA LLAMADO CUATRO
miércoles, 9 de septiembre de 1987 by Antonio-Heber
Un poeta do medievo escribiu:
¡era Martín Codas!
Vinde conmigo a o mar de Vigo.
I eu viñen moitos séculos despois
¡antes non puden!
¿Onde estaría eu?
¿Onde despois estarei…?
E o mar de Vigo envolveume
¡para sempre!
I agora, eu sin él vivir non poido.
Como non poido coller o catro
Tranviiña da Ribeira aos Caños
Catro máxico e diferente
Do catro que nos escribimos
Xa co dígito eche pechado.
Hoxe con morriña o rememouro
E dou testemuña e fé
Que non era un tranvía calquera.
Érache un tranvía chamado desexo
Con muitas cestas, patelas e peixes
De mulleres con mandiles laboriosas
Coquetas, moinantes e faladeiras
As pescantinas da ribeira de Vigo.
O viaxe era moi cortiño
Coma a felicidade
O mas pequeño de Vigo
E o mais cheo de emoción
Pois baixando a costiña
Da calzada ao Arenal
Remexiase brioso
Con encantos sensuais.
A rúa érache moi pendente
Con catro curvas de culebra
¡ lagarto – lagarto ! conxuro
e moi estreitiña
con casiñas de pedra
baixiñas
e con aceiras cativiñas.
Un home sorprendido ao mirar
Aquel “monstruo” que baixaba
Arrimábase e pegábase a parede
Asustadiño con pánico
E a ialma a encomendaba
A algún santo “milagreiro”
Pra que “aquelo” pasara
E non o collera
Non lle fixera daño.
Os carrís hoxe enterrados
E xa moi esquecidiños
Non quero que morran, non
Sin un recordo querido
Non quero que morran, non
A Linea Catro (4) de Vigo.
¡era Martín Codas!
Vinde conmigo a o mar de Vigo.
I eu viñen moitos séculos despois
¡antes non puden!
¿Onde estaría eu?
¿Onde despois estarei…?
E o mar de Vigo envolveume
¡para sempre!
I agora, eu sin él vivir non poido.
Como non poido coller o catro
Tranviiña da Ribeira aos Caños
Catro máxico e diferente
Do catro que nos escribimos
Xa co dígito eche pechado.
Hoxe con morriña o rememouro
E dou testemuña e fé
Que non era un tranvía calquera.
Érache un tranvía chamado desexo
Con muitas cestas, patelas e peixes
De mulleres con mandiles laboriosas
Coquetas, moinantes e faladeiras
As pescantinas da ribeira de Vigo.
O viaxe era moi cortiño
Coma a felicidade
O mas pequeño de Vigo
E o mais cheo de emoción
Pois baixando a costiña
Da calzada ao Arenal
Remexiase brioso
Con encantos sensuais.
A rúa érache moi pendente
Con catro curvas de culebra
¡ lagarto – lagarto ! conxuro
e moi estreitiña
con casiñas de pedra
baixiñas
e con aceiras cativiñas.
Un home sorprendido ao mirar
Aquel “monstruo” que baixaba
Arrimábase e pegábase a parede
Asustadiño con pánico
E a ialma a encomendaba
A algún santo “milagreiro”
Pra que “aquelo” pasara
E non o collera
Non lle fixera daño.
Os carrís hoxe enterrados
E xa moi esquecidiños
Non quero que morran, non
Sin un recordo querido
Non quero que morran, non
A Linea Catro (4) de Vigo.